De conformidade co Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (artigo 6), faise público o proxecto de restauración da autorización de explotación de recursos de sección A, Outariz nº 101, no concello de Ourense, promovido por Canteras Riomiño, S.A.
O proxecto pódese consultar nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Curros Enríquez, nº 1-3º) de Ourense, durante un prazo de trinta (30) días hábiles.
Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nestas dependencias.
Ourense, 28 de xullo de 2016
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense