Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 36014

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 12 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente de procedemento de nomeamento de veterinario actuante do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a resolución do expediente de procedemento de nomeamento de veterinario actuante do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos a Jaime Labandón Gómez, con DNI 13934404-S, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido e ao non ser posible a súa práctica.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o interesado se entenderá notificado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a persoa interesada poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Servizo de Conservación da Biodiversidade, situadas na rúa de San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a resolución do expediente referido, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio no prazo dun mes, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2016

Ana María Díaz López
Directora xeral de Conservación da Natureza