De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase o emprazamento para trámite de audiencia do expediente de procedemento de nomeamento de veterinario actuante do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos a Raquel Ruiz Camuñas, con DNI 72130478-V, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido e ao non ser sendo posible a súa práctica.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para o trámite de audiencia computarase desde esa publicación. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a persoa interesada poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Servizo de Conservación da Biodiversidade, situadas na rúa de San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2016
Ana María Díaz López
Directora xeral de Conservación da Natureza