Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 8 de agosto de 2016 Páx. 35256

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 311/2016 GA).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 311/2016 GA

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 699/2014 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrentes: Helvetia Compañía Suiza, S.A. de Seguros y Reaseguros

Avogado: Rafael Francisco Ruiz Vázquez

Procurador: José Antonio Castro Bugallo

Recorridos: Reale Seguros Generales, S.A., Salvador Pérez Vila, Granitos Chandecastros, S.L., Construcciones Julio González Souto, S.L., Granitos de Salceda, S.L.

Avogados: José Manuel González-Novo Martínez, Rosa María Tarrago Nesta, (…), (…), María de los Ángeles Seoane Prieto

Procuradores: Luis Ángel Painceira Cortizo, (…), (…), (…),

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de Xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 311/2016 desta sala, seguido por instancia de Helvetia Compañía Suiza, S.A. de Seguros e Reaseguros contra Reale Seguros Generales, S.A., Salvador Pérez Vila, Granitos Chandecastros, S.L., Construciones Julio González Souto, S.L. e Granitos de Salceda, S.L., sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos

Que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación da entidade Helvetia compañía Suiza, S.A. de Seguros e Reaseguros contra a sentenza de data 15 de outubro de 2015, ditada polo Xulgado do Social número 5 de reforzo dos de Vigo nos autos número 699/2014, seguidos por instancia do demandante contra as demandadas, debemos revogar e revogamos a sentenza de instancia e absolvemos integramente a Helvetia compañía Suiza, S.A.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Granitos Chandecastros, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza