Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 8 de agosto de 2016 Páx. 35253

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 390/2015-CON).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 390/2015-CON

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 517/2013 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: Manuel Martínez Facal

Graduado social: Xosé Manuel Rodríguez Méndez

Recorridos: Lemos Romero, S.L., Fogasa, Caser, S.A., Reale Seguros Generales, S.A., Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Seguros Catalana Occidente, S.A. de Seguros y Reaseguros, Mapfre Familiar, S.A., Aegon Unionaseguradora, S.A., Levantina y Asociados de Minerales, S.A., Granitos y Áridos de Atio, S.L., Manuel Vaqueiro, S.L., Juan Pazos, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mapfre Empresas, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Gransitosa, S.L., Ferses, S.L., Gramacor, S.L., Galega de Granitos, S.A., Olegario Gil Besada, Esmegra, S.L., Granichan, S.L.

Avogados: Miguel Ángel Cabaleiro Fernández, María Goretti Montero Castro, José Manuel González-Novo Martínez, Ramón José Pena Fraga, María de los Ángeles Fontan Vidal, Secundino Javier García Uzal, Marta Arnejo Grille, María Verónica Lagares Tena, Santiago Fidel Rey Taboada, Gema García Gómez, Antonio Federico Sabucedo Cameselle, Ana María Moreno Lugrís, Manuel Zorrilla Riveiro, Baltasar Manuel Silveira Solla, Lino Romero Alonso, Gonzalo Torres García, Miguel Ángel Cabaleiro Fernández

Procuradores: Isabel Tedin Noya, (…), (…), (…), José Amenedo Martínez , (…), José Antonio Castro Bugallo, (…), Xulio Xabier López Valcárcel, Marcial Puga Gómez, (…), Jorge Bejerano Pérez, (…), (…), (…), (…), (…)

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de Xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago sabe que no procedemento de recurso de suplicación 390/2015-CON desta sala, seguido por instancia de Manuel Martínez Facal contra Lemos Romero, S.L., Fogasa, Caser, S.A., Reale Seguros Generales, S.A., Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Seguros Catalana Occidente, S.A. de Seguros y Reaseguros, Mapfre Familiar, S.A., Aegon Unionaseguradora, S.A., Levantina y Asociados de Minerales, S.A., Granitos y Áridos de Atio, S.L., Manuel Vaqueiro, S.L., Juan Pazos, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mapfre Empresas, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Gransitosa, S.L., Ferses, S.L., Gramacor, S.L., Galega de Granitos, S.A,, Olegario Gil Besada, Esmegra, S.L., Granichan, S.L., sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante Manuel Martínez Facal contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de reforzo de Vigo con data 27 de xuño de 2014, debemos revogar e revogamos a dita resolución e con estimación da petición subsidiaria da demanda formulada polo recorrente debemos declarar e declaramos o seu dereito ao aboamento da indemnización de 45.000 euros, e condenamos as codemandadas citadas e as súas aseguradoras ao seu recoñecemento e aboamento, coa absolución do resto dos codemandados.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma ás empresas Gramacor, S.L., Galega de Granitos, S.A., Gil Besada Olegario e Esmergra, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no de Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza