Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 8 de agosto de 2016 Páx. 35265

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 109/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 109/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noelia Ansede González contra Archidoc, S.L., Fogasa sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza

A Coruña, 4 de xullo de 2016

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario nº 109/2014 seguidos ante este xulgado por instancia de Noelia Asede González, asistida do letrado David Pena Díaz, contra Archidoc, S.L. e contra o Fogasa, ambos os dous non comparecidos, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Noelia Ansede González e condeno a empresa Archidoc, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 2.593,29 euros máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Archidoc, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza