Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 8 de agosto de 2016 Páx. 35267

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 549/2013).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 549/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Ferro Castro contra a empresa Excavacións Migasa, S.L., Santiago Sur Galicia, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, doce de xullo de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 22 de maio de 2013 tivo entrada neste órgano xudicial demanda presentada por Juan Carlos Ferro Castro fronte a Excavacións Migasa, S.L., Santiago Sur Galicia, S.L., Fogasa, en ordinario, e admitida a trámite convococáronse as partes para os actos de conciliación e xuízo.

Segundo. No día da data chegaron a un acordo en conciliación, cuxo contido consta na acta expedida para o efecto, nos seguintes termos:

Que, con carácter previo, a demandante desiste da demanda presentada fronte a Escavacións Migasa, S.L.; as demais partes non se opoñen.

Que a demandada Santiago Sur Galicia, S.L. recoñece que lle debe ao demandante en concepto de salarios reclamados na demanda, correspondentes a febreiro de 2013, 27 días de salario de marzo de 2013, a paga extra de verán de 2013 e 15 días de vacacións do ano 2012, a cantidade de 3.000 euros líquidos que se aboarán no prazo de 24 horas no número de conta do demandante: ES06 0049 2584 99 2494362645.

O traballador acepta a oferta e forma de pagamento e ao percibir integramente a cantidade debida darase por completamente saldado e liquidado.

Fundamentos de dereito.

Único. O artigo 84 da LPL establece que se as partes alcanzan unha avinza, sempre que non sexa constitutiva de lesión grave a terceiro, fraude de lei ou abuso de dereito, se ditará decreto que a aprobe e ademais acordarase o arquivamemto das actuacións.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo aprobar a avinza alcanzada entre as partes no día da data e arquivar as actuacións.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: poderá interporse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (artigo 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 do Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto a indicación recurso, seguida do código “31 Social-revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “código 31 Social-revisión”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Excavacións Migasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza