Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 8 de agosto de 2016 Páx. 35263

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (106/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 106/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Mariño Armesto contra Gráficas Bergondo, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

A Coruña, 4 de xullo de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, estes autos de procedemento ordinario 106/2014 seguidos perante este xulgado por instancia de Mª José Mariño Armesto, representada por la letrada Eva Esteban Díaz, contra Gráficas Bergondo, S.L. e Fogasa, que non compareceronn, dito sentenza de conformidade co seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Mª José Mariño Armesto e condeno a empresa Gráficas Bergondo, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de 1.176,82 euros máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Gráficas Bergondo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza