Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34917

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 677/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 677/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Míguez Torres contra Autos Lobelle, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditouse a seguinte resolución:

Sentenza: 175/2016

PO procedemento ordinario 677/2014-P

Sobre: ordinario

Demandante: Manuel Míguez Torres

Demandados: Autos Lobelle, S.L., Fogasa

Avogados: (…), Fogasa

Na cidade de Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2016

Sentenza:

Javier Fraga Mandián, xuíz substituto deste órgano xurisdicional, tras ver os presentes autos rexistrados co número arriba indicado, promovidos por Manuel Míguez Torres -asistido da señora letrada Milagros Verde Crespo- contra a empresa Autos Lobelle, S.L. e o Fogasa -incomparecidos, ambos os dous, ao acto de xuízo, non obstante a súa citación en forma- pronunciou, en nome do rei, a seguinte resolución:

Decisión:

1º. Que considerando integramente a demanda promovida por Manuel Míguez Torres contra a empresa Autos Lobelle, S.L., debo condenala e condénoa a que lle aboe ao demandante a cantidade de 7.500 €, que deberá resultar incrementada co xuro legal computado desde a interpretación xudicial ata o ditado da presente resolución, data a partir da cal se acrecentará en 2 puntos porcentuais ata o completo aboamento da cifra obxecto de condena.

2º. Que, así mesmo, debo condenar e condeno o Fondo de Garantía Salarial a estar e pasar pola condena imposta á aludida codemandada.

3º. Non se fai especial pronunciamento en custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que, contra ela, poden interpor recurso de suplicación, que deberá anunciarse ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, e que será resolto, de ser o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Autos Lobelle, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza