Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34919

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 135/2014).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 135/2014

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 1012/2012

Sobre: ordinario

Demandante: Fundación Laboral de la Construcción

Avogado: Adrian Núñez Fernández

Procuradora: Ana María Fernández Durán

Demandado: Construcciones Silne, S.L.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 135/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Construcciones Silne, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto en data 11 de xullo de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Ratificar a insolvencia total da executada Construcciones Silne, S.L., declarada por decreto do 24 de setembro de 2014, por importe de 150,19 euros de principal, máis 15 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, e sen prexuízo de continuar a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

Notifíqueselles ás partes e a Construcciones Silne, S.L. por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezol electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0135 14. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0135 14”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que lle sirva de notificación a Construcciones Silne, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza