Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34893

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 15 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 18 de novembro) pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 28 de xullo de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 19 de maio de 2016 (DOG número 100, do 27 de maio), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2,

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións presentadas, cambiar as respostas correctas da pregunta 59, que pasa a ser a c) en lugar da d), e da pregunta 90 que pasa a ser a d) en lugar da b), y desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.2 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo os/as aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Para estes efectos fíxase en sesenta e sete (67) o número de respostas correctas precisas para acadar a devandita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos/as aspirantes presentados/as ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e no portal web corporativo (funcionpublica.xunta.gal) da Xunta de Galicia.

Cuarto. Que, de acordo co disposto na base II.2.7 da orde da convocatoria, os/as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Que, de acordo co disposto na base II.1.3 da orde da convocatoria, os/as aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentaren a documentación xustificativa (orixinais ou fotocopias compulsadas) de estar en posesión do Celga 3 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo). A dita documentación deberá dirixirse, de acordo co disposto na base III.14, á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2016

Óscar Javier Ponte Estévez
Presidente do tribunal