Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34895

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015, modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015.

Nas sesións que tiveron lugar os días 26 e 28 de xullo de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 19 de maio de 2016 (DOG núm. 100, do 27 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Xunta de Galicia subgrupo C1, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Modificar no modelo de respostas publicado as respostas ás preguntas 53 e 63 do primeiro exercicio, de maneira que as respostas correctas son as letras d) e a) respectivamente.

Segundo. Anular, con base nas alegacións presentadas, as preguntas números 4, 26, 73, 77 e 80, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva 91, 92, 93, 94 e 95.

Terceiro. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Cuarto. De acordo coa base II.1.1 da convocatoria, establecer o número total de respostas acertadas para obter a cualificación de aprobado (10 puntos) en sesenta e catro (64) respostas netas.

Quinto. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polos/as aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.es).

Sexto. De acordo co disposto na base II.2.7 da orde da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. De conformidade coa base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2016

Francisco Tomás Couso González
Presidente do tribunal