Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34892

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 1 de agosto de 2016 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

A Orde da Consellería de Facenda do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (DOG núm. 220, do 18 de novembro), dispón na base II.1.2 que o prazo máximo para realizar o segundo exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

Unha vez realizado o primeiro exercicio o día 15 de xullo de 2016, tendo en conta diversas cuestións técnicas relacionadas co desenvolvemento dos exercicios e a proposta elevada para tal efecto polo tribunal cualificador deste proceso selectivo, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 49.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda