Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx. 34647

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 1033/2012).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1033/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundacion Laboral de la Construcción contra Enfosky 2008, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Fallo que, considerando integramente a demanda interposta por Fundación Laboral da Construción, contra a entidade Enfosky 2008, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 512,77 euros, ademais da cantidade de 200 euros en concepto de honorarios.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso (artigo 191.2 LRXS).

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Enfosky 2008, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza