Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx. 34645

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (395/2013).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 395/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Mallou Arca contra Grafinova, S.A., Vedoira, S.L., Editorial Danu, S.L., Papeles y Tintas, S.L. sobre reclamación de cantidade, foi ditada a resolución que di o que segue:

«Acordo:

– Ter por feitas as manifestacións do escrito do 30 de xaneiro de 2014 presentado polo demandante Manuel Mallou Arca, o cal se une aos presentes autos, e dar traslado del ás demais partes.

– Admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia:

– Citar as partes e por canto a entidade codemandada Papeles y Tintas, S.L., descoñecida no enderezo indicado, consultada a base de datos deste xulgado e sendo o mesmo domicilio no cal foi citada, cítese por edictos e cítese tamén o Fogasa para compareceren o día 27.10.2016 ás 9.35 horas na planta baixa, sala 1, Edif. rúa Berlín, para a celebración do acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, unha vez tentada e, en caso de non se alcanzar a avinza, o día 27.10.2016 ás 9.40 horas na planta baixa, sala 1, Edif. rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírtese á parte demandante que, en caso de non comparecer no día sinalado sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se terá por desistida da súa demanda; advírtese igualmente a parte demandada de que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración, continuando estes sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso a dar conta ao xuíz.

Ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes, paso a dar conta a SSª do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Papeles y Tintas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza