Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx. 34681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de xullo de 2016 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade urbanística derivado do expediente POL/137/2015, devolto polo servizo de Correos por resultaren os seus interesados ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 29 de outubro de 2015, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade urbanística POL/137/2015 en relación coas obras consistentes na instalación dunha vivenda prefabricada, construción dun merendeiro, piscina, soleira, construcións auxiliares e peche, na vía de praias, Mogor, no termo municipal de Marín, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo á comunidade de herdeiros de José Valiñas Muradas e a Carmen Sonita Muradas Valiñas, mediante a presente cédula e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase aos interesados o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, faise saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegaren e presentaren os documentos e informacións que coiden pertinentes e, se é o caso, proporen proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística