Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx. 34682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2016 pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de dirección de execución de obra e coordinación de seguridade e saúde, polo procedemento aberto, da obra do proxecto de construción de recuperación, sinalización e mellora do Camiño do Norte, Ruta da Costa, adaptándoo á delimitación oficial 2013-2014, documentalmente simplificado, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020 (P.I.6.30).

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: servizo.

Descrición do obxecto: contratación do servizo de dirección de execución de obra e coordinación de seguridade e saúde polo procedemento aberto da obra «proxecto de construción de recuperación, sinalización e mellora do Camiño do Norte, Ruta da Costa, adaptándoo á delimitación oficial 2013-2014, e documentalmente simplificado, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020 (PI6.30).

Prazo de execución: seis (6) meses desde a acta de comprobación da implantación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 72.716,76 €.

IVE (21 %) : 15.270,52 €.

Importe total IVE incluído: 87.987,28 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas do servizo poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=50670

– Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro da Axencia Turismo de Galicia, estrada Santiago-Noia, km 3 (A Barcia), 15897 Santiago de Compostela, A Coruña, en sobre pechados. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na Sala de Xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación a súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é de 10,82 €.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2016

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia