Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx. 34680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de xullo de 2016 pola que se notifica o traslado do acordo de execución subsidiaria de orde de demolición derivada do expediente 71.14/00, devolta polo servizo de Correos por resultaren os destinatarios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 6 de maio de 2016, ditou resolución pola que se dá traslado do acordo de execución subsidiaria de orde de demolición 71.14/00, pola realización de obras executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes na construción de vivendas en ringleira, no lugar de Chancelas, termo municipal de Poio (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Urdefin, S.L., mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística