Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34464

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (239/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 239/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Amoedo González contra Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Fogasa, Manuel Lombardía Rodríguez, Esinor Sistemas, S.L.U, Pocomaco Inversiones, S.A.U., Gallega de Técnicas e Investimentos, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 178/2016.

«Resolución:

Que estimando integramente a demanda interposta por Luis Amoedo González contra Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Esinor Sistemas, S.L.U., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Gallega de Técnicas e Investimentos, S.L., Manuel Lombardía Rodríguez e Ramón Juega Cuesta (administrador concursal de Coruña de Ahorro Energético, S.L.U.), efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo condenar e condeno a Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Esinor Sistemas, S.L.U., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Gallega de Técnicas e Investimentos, S.L. e a Manuel Lombardía Rodríguez a que lle aboen solidariamente ao demandante a suma de 9.692,04 euros polos conceptos indicados no feito probado quinto desta sentenza, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

2. Debo condenar e condeno a Ramón Juega Cuesta, na súa soa condición de administrador concursal de Coruña de Ahorro Energético, S.L.U., a se ater ao anterior pronunciamento de condena respecto da mercantil concursada.

3. No que se refire á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia. Deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución, e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza deuna, leuna e publicouna a mesma xuíza que a subscribe, en audiencia pública, en Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2016. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Esinor Sistemas, S.L.U., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Manuel Lombardía Rodríguez, Gallega de Técnicas e Investimentos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza