Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34462

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (244/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 244/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Alborés Ovide contra a empresa Instalaciones Xacobeo, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolución:

Que estimando integramente a demanda interposta por Diego Alborés Ovide contra Instalaciones Xacobeo, S.L. e Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 2.968,87 euros polos conceptos e co detalle efectuado no feito probado terceiro da presente resolución, máis os xuros do artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade, desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o disposto no artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza deuna, leuna e publicouna a mesma xuíza que a subscribe, en audiencia pública, en Santiago de Compostela o 29 de xuño de 2016. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Instalaciones Xacobeo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza