Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33485

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (1853/2015).

Eu, Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, fago saber que no presente procedemento familia, garda, custodia e alimentos de fillo menor non matrimonial suposto contencioso 1853/2015, seguido por instancia de María Rocío Paris Lorenzo fronte a Ramón Calvo Basavilbaso, se ditou sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución:

Que estimando substancialmente a demanda de xuízo verbal presentada por Rocío Paris Lorenzo, representada polo procurador Sr. Barreiro Fernández e asistida da letrada Sra. Rúa Cebrián, con intervención da representante do Ministerio Fiscal ao concorrer un fillo menor de idade, fronte a Ramón Calvo Basavilbaso, maior de idade, sinalado en autos e declarado en rebeldía procesual, procede acceder á adopción das seguintes medidas definitivas:

I. Atribución á demandante da garda e custodia sobre o fillo habido en común. A patria potestade será compartida por ambos os dos proxenitores, pero o exercicio atribuíble de maneira unilateral á demandante en temas médicos, sanitarios, educativos e de empadroamento e de tramitación administrativa complementaria.

II. Ausencia de todo réxime de estadías e comunicación do proxenitor non custodio.

III. Fixación, a cargo do demandado, dunha pensión de alimentos de 150 euros/mes para o citado menor, con aboamento por metade dos gastos extraordinarios.

A pensión de alimentos aboarase na conta bancaria que designe a demandante de maneira anticipada nos cinco primeiros días de cada mes, con actualización anual en data 1 de xaneiro de cada ano conforme a variación precedente do IPC.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 seguinte e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito de 50 euros previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna en audiencia pública o xuíz que a ditou, no día da data; dou fe».

E ao estar o dito demandado, Ramón Calvo Basavilbaso, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza