Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33483

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1504/2015).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1504/2015, seguido por instancia de Extraco, Construccións e Proxectos, S.A., Maria das Graças Caramello Bittencourt, Yuri Caramello Bittencourt Capelo da Costa, contra Suministros e Instalaciones Eléctricas Vigo Sielvigo, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Unión Fenosa Distribución, S.A., Consellería de Medio Ambiente, Copredije, S.A., Dido Roberto Legat Capelo da Costa, Ludmila Patricia Legat Capelo da Costa, sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 1 de xullo de 2016

Únase o anterior escrito, presentado polo letrado Feliciano Nogueira Vidal, en nome e representación de Suministros e Instalaciones Eléctricas Vigo Sielvigo, S.L., ao recurso correspondente. Considérase preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala. Fáiselle saber que os autos se encontran ao seu dispor na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o designase.

Requírase a recorrente para que presente, no momento de interposición do recurso, certificación das sentenzas que invoca con expresión da súa firmeza.

Considéranse feitas as manifestacións recollidas nos outrosí digo do escrito.

Efectuouse o depósito de 600 euros necesario para recorrer.

Así mesmo, comunícaselle á recorrente que non é necesario presentar o xustificante do ingreso das taxas xudiciais ao interpor o recurso, ao non estar suxeito ao seu pagamento o recurso de casación para unificación de doutrina, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (Consulta número V3674-13).

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte impugnada se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ludmila Patricia Legat Capelo da Costa e Dido Roberto Legat Capelo da Costa, actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na rúa Zamora, 81, baixo esquerda, Vigo, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza