Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33481

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4276/2015).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 4276/2015 desta sección, seguido por instancia de Abilio da Silva Gomes da Costa contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Canteras Hermanos Cortiñas, S.L., Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Que desestimamos o recurso de suplicación interposto por Abilio da Silva Gomes da Costa contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Ourense, ditada nos autos 320/2015 seguidos pola súa instancia, contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fraternidad Muprespa e contra a empresa Canteras Hermanos Cortiñas, S.L., sobre incapacidade permanente e, en consecuencia, confirmamos a resolución impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de dezaseis díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os dezaseis díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80
ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Canteras Hermanos Cortiñas, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza