Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33480

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 15 de xullo de 2016 pola que se deixa sen efecto a publicación da Orde do 23 de xuño de 2016 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante nesta consellería, publicada por erro no Diario Oficial de Galicia número 134, do 15 de xullo.

No Diario Oficial de Galicia nº 134, do 15 de xullo de 2016, publicouse por erro a Orde do 23 de xuño de 2016 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante nesta consellería.

En particular, baixo a epígrafe da Consellería de Economía, Emprego e Industria convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de asesor/a xurídico/a de Enerxía, Minas e Comercio, sendo o correcto que esta convocatoria se publique na epígrafe correspondente do órgano competente, que é a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o cal tivo lugar mediante a Orde do 28 de xuño de 2016 (DOG núm. 134, do 15 de xullo).

En consecuencia, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Deixar sen efecto a Orde do 23 de xuño de 2016 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante nesta consellería (DOG núm. 134, do 15 de xullo).

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria