Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33487

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1313/2015).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, fai saber que no presente procedemento de divorcio, seguido por instancia de Eliana Alves Jacob fronte a Diego da Conceição Silva, se ditou sentenza do teor literal seguinte:

Sentenza nº 151.

Vigo, 14 de marzo de 2016.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 1313/2015, sobre disolución del matrimonio por divorcio, en que actúa como demandante Eliana Alves Jacob, representada polo procurador dos tribunais Jorge Suárez Garayo e con asistencia letrada de Jesús Silva Portela, contra Diego da Conceição Silva, declarado en situación de rebeldía procesual, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución:

Estimo a demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Suárez Garayo, en nome e representación de Eliana Alves Jacob, contra Diego da Conceição Silva, declarado en situación de rebeldía, e declaro disolto por divorcio o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E ao estar o dito demandado, Diego da Conceição Silva, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 15 de marzo de 2016

A secretaria xudicial