Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31888

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados

EDICTO (143/2014).

No presente procedemento seguido por instancia de Banco Santander, S.A. fronte a Pablo Besada Barbeito ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

«Sentenza.

Cambados, 16 de xuño de 2015.

Que ditou, Olga Martín Álvarez, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados e o seu partido xudicial, nos presentes autos correspondentes ao xuízo ordinario número 143/2014 seguidos por instancia de Banco Santander, S.A. representado por Jesús Martínez e baixo a asistencia letrada de Manuel Medina, fronte a Pablo Besada Barbeito, en situación de rebeldía procesual.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Fallo que se estima parcialmente a demanda interposta por Banco Santander, S.A., representado por Jesús Martínez e baixo a asistencia letrada de Manuel Medina fronte a Pablo Besada Barbeito, en situación de rebeldía procesual, e en consecuencia:

1. Declárase resolto o contrato de arrendamento financeiro de vehículo subscrito entre as partes.

2. Condénase o demandado a restituír a demandante a posesión de vehículo Audi Q7, matrícula 7017-FBV, número de bastidor WAVZZZ4L27D015055.

3. Condénase o demandado a aboar á demandante a cantidade debida de 14.472,5 euros máis os xuros de demora devindicados por un importe de 2.962,66.

Non se formula condena en custas.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que fronte a esta procede interpoñer recurso de apelación, conforme o artigo 455 da LEC.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose o devandito demandado Pablo Besada Barbeito, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Cambados, 14 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza