Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31890

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 705/2015).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 705/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Ramos Falcón, Ana Argibay Gutiérrez e Luis Ramos Falcón contra a empresa La Reigosa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolución.

Estimando a demanda interposta por Beatriz Ramos Falcón e Ana Argibay Gutiérrez fronte á empresa La Reigosa, S.L., condeno a empresa demandada a que aboe ás demandantes as seguintes cantidades: 5.839,03 a Beatriz e 8.044,75 euros a Ana, en ambos os dous casos incrementadas co 10 % de xuro por demora.

Iso, coa intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establece o artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que debe anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza. A recorrente debe consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación depósitos e consignacións, co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a La Reigosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 22 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza