Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 29 de xuño de 2016 pola que se notifica a orde de suspensión de obras ditada no expediente LUG/221/2015-S1, devolta polo servizo de Correos por resultaren o seus destinatarios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 27 de maio de 2016, resolución pola cal se ordena a suspensión inmediata das obras que se executan en solo rústico, consistentes na ampliación do volume dunha edificación preexistente por non ser plenamente compatible coas determinacións do planeamento urbanístico, aumentando a súa altura, así como a modificación da súa composición arquitectónica inicial, cambiando e aumentando o número de ocos e introducindo partes novas, como os balcóns, dotando o conxunto dos elementos característicos dunha tipoloxía residencial, moi diferente da propia de garaxe ou do almacén que tiña con anterioridade á realización das obras, o que implicaría tamén un cambio de uso, do inicial de almacén ou garaxe cara a un uso residencial sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, situada no lugar de Vilasibil, no termo municipal de Folgoso do Courel, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Concepción Touzón González, Jaime Touzón González, Carmen Touzón González e Oliva Touzón González, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado; a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da súa publicación.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poderán interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística