Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 29 de xuño de 2016 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/221/2015-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidad Urbanística acordou, o 27 de maio de 2016, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/221/2015-RP1, en relación coas obras realizadas en solo rústico, consistentes na ampliación do volume dunha edificación preexistente por non ser plenamente compatible coas determinacións do planeamento urbanístico, aumentando a súa altura, así como a modificación da súa composición arquitectónica inicial, cambiando e aumentando o número de ocos e introducindo partes novas, como os balcóns, dotando o conxunto dos elementos característicos dunha tipoloxía residencial, moi diferente da propia de garaxe ou do almacén que tiña con anterioridade á realización das obras, o que implicaría tamén un cambio de uso, do inicial de almacén ou garaxe, cara a un uso residencial sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, situadas no lugar de Vilasivil, no termo municipal de Folgoso do Courel, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo a Concepción Touzón González, Jaime Touzón González, Carmen Touzón González e Oliva Touzón González, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle aos interesados o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Bolelín Oficial del Estado, e a súa publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida ao día seguinte da súa publicación.

Os interesados dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística