Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se modifica a Resolución do 20 de xuño de 2016 pola que se anuncia a licitación da subministración sucesiva de todos os produtos consumibles e de arrendamento sen opción de compra dos equipamentos necesarios para a realización das técnicas analíticas nos laboratorios (expediente MS-EIO1-16-003).

Respecto do anuncio de licitación publicado no DOUE o 25.6.2016 e da Resolución da Xerencia de Xestión Integrada do 20 de xuño de 2016, publicada no BOE do 1 de xullo e no DOG do 8 de xullo, é necesario facer as seguintes modificacións:

Data límite de presentación de ofertas: o día 1.8.2016, ata as 14.00 horas.

Data de apertura do sobre B: 19 de agosto de 2016, ás 9.00 horas. Esta data e hora son orientativas. A data e hora definitivas e o lugar publicaranse coa antelación suficiente no perfil de contratante www.sergas.es

Ourense, 15 de xullo de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras