Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de xuño de 2016 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa notificación (expediente PON/7/2013).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 25 de abril de 2016, unha resolución pola que se lle impón unha primeira multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número PON/7/2013 a Emilio Pérez Pérez como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 12 de marzo de 2014, que ordenaba a demolición das obras de ampliación dunha nave industrial, consistentes na adición dun novo corpo ou novo volume acaroado ao lateral da nave orixinaria, cunha lonxitude de 30 metros lineais, un largo de 6 metros e de 3,80 metros unha altura media (superficie de planta de 180 m2 e volume de 684 m3), realizada no espazo existente entre a nave e o camiño público, e sen gardar o obrigatorio recuamento ao lindeiro este, e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, nas parcelas con referencias catastrais 36023A020003150000UI, 36023A020003160000UJ, 36023A020003170000UE e 36023A020003280000UY, no lugar de Buxán, Salcidos, no termo municipal da Guarda, provincia de Pontevedra.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela. Para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que este acordo é un mero acto de execución.

No caso de non exerceren o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2016

José antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística