Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de xuño de 2016 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición (expediente IU2/148/2009).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 10 de maio de 2016, unha resolución pola que se lle impón unha sexta multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número IU2/148/2009 a Beatriz Suárez Briones como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 29 de outubro de 2010, que ordenaba a demolición dunha edificación de planta baixa parcialmente soterrada cunha superficie aproximada duns 100 m2, promovidas pola interesada, na parcela con referencia catastral 36004A052001090000QL, no lugar de Sabariago, Amieiro, parroquia de Cela, no termo municipal de Bueu, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á via administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou se puideron esgrimir fronte á resolución da que este acordo é un mero acto de execución.

No caso de non exercer o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística