De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0572/2016-PPM e cinco máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.
A Coruña, 8 de xullo de 2016
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-0572/2016-PPM.
Persoa interesada: José Brandariz Rubianes.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Urbanización Fonte da Cruz, PA-3º dta., Narón.
Expediente: PSC-CO-0574/2016-PPM.
Persoa interesada: Daniel Fernández Álvarez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Xogo da Bola, 1, Lorbé, Oleiros.
Expediente: PSC-CO-0575/2016-PPM.
Persoa interesada: Antonio García Insua.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: rúa Encrucilladas, 5-3º dta., Porto do Son.
Expediente: PSC-CO-0577/2016-PPM.
Persoa interesada: José Lino López Aller.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: A Garita, s/n, Mañinos, Fene.
Expediente: PSC-CO-0593/2016-PPM.
Persoa interesada: Ángel Suárez Montoya.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: O Portiño, 34 baixo, A Coruña.
Expediente: PSC-CO-0597/2016-PPM.
Persoa interesada: Manuel Varela Villar.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: praza de San Roque, 6-4º esq., Pontedeume.