Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 5 de xullo de 2016, do Pleno do Comité Galego de Xustiza Deportiva, polo que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador en materia administrativo-deportiva devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación persoal, non se puido efectuar (expediente CGXD 18/2016).

O Pleno do Comité Galego de Xustiza Deportiva acordou a incoacion do expediente sancionador CGXD 18/2016 por infracción da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, contra a persoa que se indica no anexo.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos en dúas ocasións. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectuarase por medio dun anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE). A eficacia do acto queda supeditada á dita publicación. Para estes efectos, outórgaselle á persoa interesada un prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para formular alegacións por escrito, achegar os documentos ou informacións que considere e, se é o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

Así mesmo a persoa interesada poderá comparecer na sede do Comité Galego de Xustiza Deportiva, sita na rúa Madrid 2-4, 2º, As Fontiñas, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio do expediente.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio do procedemento sancionador no prazo previsto, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2016

Rebeca Arijón Gontad
Secretaria do Comité Galego de Xustiza Deportiva

ANEXO

Expediente: CGXD 18/2016.

Persoa interesada: Alfonso Rodríguez Castro.

Acto de notificación: acordo de inicio de expediente sancionador.