Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31903

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 308/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante a resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de José Antonio Castro Santiso e outros, contra Semar Aluminio, S.L.; Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Tarrío Fernández, Mª del Carmen Guillín Rey y Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., rexistrado como ETX co núm. 308/2014 e acumuladas, acordouse citar a María Abel Tarrío Fernández, en paradoiro descoñecido, para que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín s/n, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 27 de xullo do 2016, ás 12.00 horas, co fin de realizar a comparecencia ante a letrada da Administración de xustiza para constituír unha administración xudicial sobre os bens embargados na presente execución. Advírteselle que, se non comparece inxustificadamente, se dará por conforme co acordado polos asistentes.

Así mesmo, advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán mediante a fixación dunha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, cando se trate dun emprazamento ou de resolucions que poñan fin ao procedemento.

E para que lle sirva de citación a María Abel Tarrío Fernández, así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2016

A secretaria xudicial