Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2016 pola que se fai público o cofinanciamento a través do Proxecto Life+política e gobernanza ambiental, Solucións sustentables para pequenos abastecementos de auga, denominado Life Rural Supplies, de varios servizos.

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos procédese a dar publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na regulación europea sobre os fondos e, en xeral, do disposto na demais normativa que resulte de aplicación na materia e ao abeiro do previsto na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública Augas de Galicia, das seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: gasto menor.

2. Obxecto do contrato.

a) Título: realización dunha instrución técnica aplicable ao abastecemento autónomo.

Clave do expediente: GA.16017.

CPV (referencia de nomenclatura): 71356000-8.

Orzamento base: importe neto: 9.900,80 euros. Importe total: 11.979,97 euros.

Prazo de execución: seis meses.

Importe da oferta: importe neto: 9.700,80 euros. Importe total: 11.737,97 euros.

Empresa: SGS Tecnos, S.A.

b) Título: tradución e interpretación simultánea para a conferencia sobre abastecemento rural.

Clave do expediente: GA.16037.

CPV (referencia de nomenclatura): 79540000-1.

Orzamento base: importe neto: 2.308,60 euros. Importe total: 2.793,41 euros.

Prazo de execución: 4 horas. Celebrado entre as 10.00 h e as 14.00 h do día 10 de xuño de 2016.

Importe da oferta: importe neto: 2.300,00 euros. Importe total: 2.783,00 euros.

Empresa: Audiovisuales Codec, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2) cofinanciaranse coa contribución do instrumento financeiro LIFE da Unión Europea, que poderá alcanzar ata a porcentaxe máxima do 50 % dos gastos do proxecto, a través dos fondos LIFE+política e gobernanza ambiental, que teñen por finalidade o cofinanciamento de accións e proxectos que contribúen ao desenvolvemento de conceptos políticos, tecnoloxías, métodos e instrumentos innovadores, dentro do proxecto aprobado LIFE12/ENV/ES/000557 «Solucións sostibles para pequenos abastecementos de auga (Life Rural Supplies)». Nos proxectos LIFE+política e gobernanza ambiental aprobados para o seu cofinanciamento comunitario o 7 de agosto de 2013, o beneficiario coordinador é o Concello de Abegondo e os participantes como socios beneficiarios Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade.

En concreto, o gasto indicado coa letra a) no eido de Acción A.2: «Elaboración dunha instrución técnica aplicable ao abastecemento autónomo» e o indicado coa letra b) no eido de Acción E.2: «Xestión do proxecto».

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2016

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia