Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica a Resolución do 6 de xuño de 2016 pola que se acorda o inicio do procedemento de extinción da autorización de primeira venda (expediente ini-extinc exp. ext-2016/0000129-PE627A 3/2006).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado, por medio do presente anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE), a resolución pola que se acorda o inicio do procedemento que se sinala no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

O interesado poderá comparecer, no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte á publicación deste anuncio, nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do procedemento e en cuxo acordo de inicio se establece a posibilidade de formular as alegacións, presentar os documentos e xustificacións que xulgue pertinentes.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Expediente: ini-extinc exp. ext-2016/0000129 - PE627A 3/2006.

Persoa interesada: Novo Airiños, S.L.

Acto de notificación: Resolución do 6 de xuño de 2016 pola que se acorda o inicio do procedemento de extinción da autorización de primeira venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeira venda en lonxa.

Último enderezo coñecido: Camiño da Barreira, 6, 36350 Nigrán, Pontevedra.