En virtude do disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, notifícaselle ás entidades interesadas os acordos citados no anexo, comunicándolles que dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ou no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante a sala contencioso-administrativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Con carácter previo poderán comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, avenida de Salvador de Madariaga, 9, 1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 25 de maio de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
1. Expediente núm.: TR 340 K 2011/48-1.
Nome: Qualinnova Consulting, S.L.
Último enderezo coñecido: rúa Oslo, 2, baixo,15008 A Coruña.
Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da subvención para a xeración de emprego estable.
Contía: 1.527,75 euros.
Precepto infrinxido: artigos 20.1 e 20.4 da Orde do 17 de marzo de 2011.
2. Expediente núm.: TR 340 K 2011/160-1.
Nome: Ollamar 2010, S.L.
Último enderezo coñecido: praza do Conde, 9, entresollado esquerdo, 15160, Sada, A Coruña.
Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da subvención para a xeración de emprego estable.
Contía: 6.000 euros.
Precepto infrinxido: artigos 20.1 e 20.4 da Orde do 17 de marzo de 2011.
3. Expediente núm.: TR 340 K 2011/230-1.
Nome: Paz y Naveira. S.L.
Último enderezo coñecido: rúa Galera, 51 baixo.15003. A Coruña.
Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da subvención para a xeración de emprego estable.
Contía: 6.000 euros.
Precepto infrinxido: artigo 20.4 da Orde do 17 de marzo de 2011.