En virtude do disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, notifícaselle ás entidades interesadas os acordos citados no anexo, comunicándolles que dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ou no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante a sala contencioso-administrativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Con carácter previo poderán comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, avenida de Salvador de Madariaga, 9, 1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 25 de maio de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
1. Expediente núm.: TR 340 K 2010/65-1.
Nome: Vida Ascensores, S.L.
Último enderezo coñecido: rúa Álvaro Cunqueiro, 7, baixo C, 15008 A Coruña.
Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da subvención para a xeración de emprego estable.
Contía: 11.000 euros.
Precepto infrinxido: artigo 20.2 da Orde do 7 de maio de 2010.
2. Expediente núm.: TR 340 K 2010/66-1.
Nome: Vida Ascensores, S.L.
Último enderezo coñecido: rúa Álvaro Cunqueiro, 7, baixo C,15008 A Coruña.
Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da subvención para o inicio da actividade.
Contía: 6.000 euros.
Precepto infrinxido: artigo 20.2 da Orde do 7 de maio de 2010.
3. Expediente núm.: TR 340 K 2010/130-1.
Nome: Imperio Dama, S.L.
Último enderezo coñecido: rúa Xestas, 4, 4º,15100 Carballo, A Coruña.
Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da subvención para a xeración de emprego estable.
Contía: 5.000 euros.
Precepto infrinxido: artigo 20.1 da Orde do 7 de maio de 2010.
4. Expediente núm.: TR 340 K 2010/131-1.
Nome: Imperio Dama, S.L.
Último enderezo coñecido: rúa Xestas, 4, 4º,15100 Carballo, A Coruña.
Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da subvención para o inicio da actividade.
Contía: 2.400 euros.
Precepto infrinxido: artigo 20.1 da Orde do 7 de maio de 2010.