Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 25 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda concedida ao abeiro da Orde do 17 de marzo de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras do programa para as iniciativas emprendedoras e de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para 2011 (Diario Oficial de Galicia número 61, do 28 de marzo).

En virtude do disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no uso da competencia atribuída a esta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, notifícaselle ás entidades interesadas os acordos citados no anexo, comunicándolles que poden realizar as alegacións e presentar a documentación que estimen oportuna no prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial (avenida de Salvador de Madariaga, nº 9, 1ª planta, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido dos acordos, advertíndolles que de non facerse así, teráselles por notificados cos efectos que correspondan.

A Coruña, 25 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente núm.: TR 340 K 2011/126-1.

Nome: Creative Media Farm, S.L.

Último enderezo coñecido: avenida Monserrat, 4, 4º C, 15009 A Coruña.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da subvención para a xeración de emprego estable.

Contía: 5.000 euros.

Precepto infrinxido: artigo 20.4 da Orde do 17 de marzo de 2011.