Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30092

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (171/2015).

Procedemento ordinario (PO) 171/2015

Sobre: ordinario

Demandante: Juan Carlos Souto Pailos

Avogado: José Nogueira Esmoris

Demandado: Normas Baker, S.L.

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 171/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Souto Pailos contra Normas Baker, S.L., sobre reclamación de cantidade procedemento ordinario, se ditou auto de aclaración, cuxa parte dispositiva di:

Que debo rectificar a sentenza ditada nas presentes actuacións o pasado día 14 de marzo de 2016 en canto á súa decisión, manténdose integramente nos restantes pronunciamentos, que quedará redactada do seguinte modo:

«...Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Juan Carlos Souto Pailos contra a entidade Normas Baker, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Normas Baker, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 3.082,50 € brutos por salarios devindicados nos meses de xullo, agosto e 9 días de setembro do ano 2014, e liquidación da relación laboral, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

...Notifíqueselles esta resolución ás partes advertindo que contra ela non cabe interpor ningún recurso distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza, cuxo prazo de anuncio computará desde a notificación da presente resolución. Así, por este auto, mándoo e asínoo. Maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Normas Baker, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza