Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30090

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (715/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 715/2013, por instancia de Lucía Rey Ameijeiras contra a empresa Palabra Nupcial, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que se ditou sentenza con data do 13 de xuño de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Estímase a demanda interposta por Lucía Rey Ameijeiras contra a entidade Palabra Nupcial, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Palabra Nupcial, S.L. a aboar a Lucía Rey Ameijeiras a cantidade de mil seiscentos sesenta euros con vinte céntimos (1.660,20 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

– Condénase a empresa Palabra Nupcial, S.L. ao aboamento das custas, incluídos os honorarios ata un límite de 600 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberase anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Palabra Nupcial, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de xuño de 2016

A secretaria xudicial