Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29904

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (803/2015).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, fago saber que no presente procedemento ordinario número 803/2015, seguido por instancia de Mejilloneras Tambo, S.L. fronte a Mariscos Pato-Mar, S.L. e Ramiro Camiña Castro, se ditou sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Que estimo a demanda interposta polo procurador Sr. Freire Rodríguez, en nome e representación de Mejilloneras Tambo, S.L. contra Mariscos Pato-Mar, S.L. e Ramiro Camiña Castro, e condeno a Mariscos Pato-Mar, S.L. e Ramiro Camiña Castro a que aboen solidariamente a Mejilloneras Tambo, S.L. a cantidade de 134.477,67 euros, máis os xuros legais desta suma desde o 21 de febreiro de 2015 ata a data desta resolución e, desde esta, os xuros sinalados no artigo 576 da LAC.

Impóñenselles as custas procesuais a Mariscos Pato-Mar, S.L. e Ramiro Camiña Castro.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días ante este xulgado».

E ao estaren os ditos demandados, Mariscos Pato-Mar, S.L. e Ramiro Camiña Castro en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 10 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza