Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29902

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 277/2016-MJC).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 277/2016 desta Sección, seguido por instancia de César Cabarcos Rivas contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Universal Mugenat e Muebles Fernández y López, S.L. sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando o recurso de suplicación interposto por César Cabarcos Rivas contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Lugo, con data do 4 de novembro de 2015, en autos 760/2014, que revogamos, e estimando a demanda reitora, declaramos que a situación de IT do demandante como consecuencia das lesións sufridas o 2 de xaneiro de 2014 é derivada de continxencias profesionais, e condenamos o INSS, a TXSS, a Mutua Universal Mugenat Mutua de AT e EP número 10 e a Muebles Fernández López, S.L. a se ater a tal declaración, coas consecuencias legais inherentes a tal declaración.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80
ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para efectos da publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Muebles Fernández y López, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 17 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza