Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29905

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Celanova

EDICTO (315/2015).

Eu, Margarita Pérez Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Celanova, por este edicto fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de José Fernández Fernández fronte a Yenedith González Vázquez, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

«Sentenza.

Celanova, 15 de abril de 2015

Vistos por min, Olalla Para Fernández, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Celanova e o seu partido, os presentes autos de xuízo verbal de divorcio, seguidos ante este xulgado co número 315/2015, por instancia de José Fernández Fernández, representado polo procurador José María Fernández Vergara e asistido polo letrado Rafael Cid Cid, contra Yenedith González Vázquez, en situación procesual de rebeldía.

Resolvo:

Que estimando integramente a demanda interposta polo procurador José María Fernández Fernández contra Yenedith González Vázquez, debo declarar e declaro o divorcio dos expresados con todos os efectos legais inherentes á dita declaración e, en especial, os seguintes:

1. O divorcio do matrimonio formado entre Yenedith González Vázquez e José Fernández Fernández que, a partir deste momento, poderán fixar libremente os seus domicilios.

2. A revogación de todos os poderes e consentimentos que se outorgasen os cónxuxes entre si.

Todo isto sen facer expresa imposición das custas causadas.

Comuníquese esta sentenza, unha vez firme, ao Rexistro Civil en que conste o matrimonio solicitante. Para tal fin expídese o oportuno despacho para a súa anotación marxinal.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que fronte a ela se pode interpor recurso apelación no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Ourense.

Así o acorda, manda e asina Olalla Para Fernández, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Celanova e o seu partido».

E ao estar a dita demandada, Yenedith González Vázquez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Celanova, 20 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza