Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28772

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1355/2013).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1355/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Pablo Mosquera Novoa contra a empresa Grupo Bordex, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezado e parte dispositiva se achega:

Sentenza.

Na Coruña o 26 de maio de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, logo de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 1355/2013 sendo parte neste, dun lado como demandante Pablo Mosquera Novoa e con DNI 46898266-R, representado polo letrado Antonio Pousa Menens e como demandado Grupo Bordex, S.L. e Fogasa, que non comparecen malia estaren citados en legal forma sobre reclamación de cantidade pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Decido:

Que, admitindo a demanda interposta polo demandante Pablo Mosquera Novoa debo condenar e condeno a empresa R-Bordex Unión, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 4.056,20 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar resgardo acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Bordex, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 26 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza