Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28774

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (416/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 416/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Javier Santos Rodríguez contra a empresa Iso-Java, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xunta:

Sentenza.

Na Coruña o dezaoito de setembro de dous mil quince.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 416/2013 sendo parte nel, dunha banda como demandante Carlos Javier Santos Rodríguez asistido do letrado José Paramo Sureda e como demandado Iso-Java, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen malia ter sido citados en legal forma segundo consta nas actuacións, sobre cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Decido:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Carlos Javier Santos Rodríguez, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Iso-Java, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 3.989,95 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberán anuncialo perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

Igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Iso-Java, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza