Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28768

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3139/2015).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 3139/2015

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 301/2013 Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

Recorrente: Luisa Carballo Pérez

Avogado: Antonio Alberto Calvar Carballo-Pérez

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Herrero y Cía., Herrero y Cía. Alimentación, Luis Núñez Maestu

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de Xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3139/2015 desta sección, seguido por instancia de Luisa Carballo Pérez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Herrero y Cía., Herrero y Cía. Alimentación, Luis Núñez Maestu, sobre xubilacion, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo

A Coruña, 9 de xuño de 2016

O anterior escrito subscrito polo letrado Antonio Alberto Calvar Carballo-Pérez, en nome e representación de Luisa Carballo Pérez, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala. Deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 4 de Pontevedra que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asino. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Herrero y Cía., Herrero y Cía. Alimentación e Luis Núñez Maestu, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza