Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28766

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (494/2016).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 494/2016 desta sección, seguido por instancia de María Dolores Hurtado Ventoso contra Fogasa, Chen Jinxiao sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de Xustiza, María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 7 de xuño de 2016.

O anterior escrito presentado polo letrado Carlos Castro Álvarez, en nome e representación de María Dolores Hurtado Ventoso, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpoñer o recurso perante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado.

Requírase a recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso, certificación das sentenzas que invoca con expresión da súa firmeza.

Así mesmo, comunícaselle á recorrente que non é necesario presentar o xustificante do ingreso das taxas xudiciais ao interpoñer o recurso, ao non estar suxeito ao pagamento destas, o recurso de casación para unificación de doutrina, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (consulta nº V3674-13).

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso sen prexuízo de que a parte recorrida se poida opoñer á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Chen Jinxiao, actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización, expido e asino o presente edicto na Coruña, 11 de maio de 2016.

A Coruña, 7 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza