Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28546

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4549/14-IS).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de Xustiza da Sección número 1 da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4549/2014 desta sección, seguido por instancia de Campus na Nube, S.L. (antes Tórculo Artes Gráficas, S.A.), Tórculo Artes Gráficas, S.A. contra Fogasa, Fotocopias Maxin, S.L.U., María Carmen Ferreiro Campos, administración concursal Fotocopias Maxin (María Sierra Rodríguez), sobre despedimento disciplinario, se ditou en data 10 de novembro de 2015 pola Sala do Social do Tribunal Supremo a seguinte resolución:

A sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Manuel Lobato Iglesias, en nome e representación de Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus na Nube, S.L. contra a Sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 26 de decembro de 2014, no recurso de suplicación número 4549/2014, interposto por Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus na Nube, S.L. fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela de data 9 de xuño de 2014, no procedemento 897/2013 seguido por instancia de María Carmen Ferreiro Campos contra Fotocopias Maxim, S.L.U., a administración concursal de Fotocopias Maxim, S.L.U., María Sierra, Tórculo Artes Gráficas, S.A., Campus na Nube, S.L. e Fogasa, sobre despedimento.

Declárase a firmeza da sentenza contra a que se recorre, con imposición de custas á recorrente e perda do depósito constituído para recorrer, e daranse, se é o caso, ás consignacións e aseguramentos prestados o destino que corresponda.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Fotocopias Maxin, S.L.A.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustizaw